Inicio

  • Onte vivimos unha tarde moi especial coa actividade de conciliación de Samaín organizada pola ANPA San Clemente, na que as crianzas gozaron de xogos, obradoiros e moitas propostas para compartir e pasalo ben. A participación foi moi alta e estamos moi contentas de como se desenvolveu a xornada. 🧡 Os xogos de carácter deportivo foron…

  • Durante os meses de outubro e novembro, a ANPA San Clemente desenvolverá un programa de actividades para promover a igualdade e previr a violencia de xénero na comunidade educativa. A proposta inclúe espectáculos musicais, contacontos coeducativos e obradoiros para o alumnado, ademais dunha Escola de familias pola igualdade e o bo trato, dirixida ás familias…

  • A ANPA San Clemente organiza o Samaín Clementino, unha xornada de conciliación para gozar en familia dunha tarde chea de xogos e obradoiros temáticos. 📅 Data: 30 de outubro🕔 Horario: de 17:00 a 19:30 h📍 Lugar: CEIP San Clemente Teremos unha tarde terrorificamente divertida, con propostas para compartir, xogar e celebrar o Samaín! 🎟️ Prezo e inscrición Familias asociadas á ANPA: entrada gratuíta.…

Ola!

Dámosche a benvida á web da ANPA do CEIP Plurilingüe San Clemente de Cesar (Caldas de Reis)

Conecta con nós